SEA BEASTS
TRAILER

NOTAS DO DIRECTOR
SEA BEASTS é unha longametraxe que abarca diversos xéneros, non é a miña intención catalogala nun en concreto, porque en realidade ten influencias claras de moitos estilos do cine dende os seus inicios, en todos os niveis e formas. En SEA BEASTS atopamos momentos en varias localización sonde se pode apreciar un certo parecido ao expresionismo alemán, creando uns fortes contrastes entre luces e sombras e cuns decorados minimalistas.
Poderiamos afirmar tamén que SEA BEASTS ten altos contidos do cine negro, claramente expresados na pel de dous dos seus protagonistas (Santos e Woyzeck), aparentemente dous membros dunha organización criminal na procura do seu obxectivo, conseguir un misterioso obxecto de valor incalculable, “a Caixa”, un obxecto que permite ao seu posuidor a capacidade de modificar a vontade das persoa, atraéndoas e hipnotizándoas de algunha maneira, co que quizais nos podemos achegar á ciencia ficción.
En diversas secuencias do filme créase una atmosfera totalmente fantástica, confundindo en algún momento o tempo real da historia, e incluso chegando a ser alterado o comportamento das propias personaxes.
A Caixa é o principal elemento desconcertante da película, o encargado de dotala dun continuo ambiente de intriga e suspense que prevalece ao longo do filme. Todo o mundo quere saber que é, de onde ven, por que…
Visioners Entertainment S.L.