SEA BEASTS
A PELÍCULA
SINOPSE
Nunha pequena casa illada nunha costa remota, a carón dun mar violento, vive Amancio coa única compaña de Elvira, a súa nai viúva. Amancio é un home de mediada idade coa mente dun cativo. Cariñoso e imaxinativo, os seus días pasan mentres a súa obsesiva nai o sobreprotexe e o educa cun malsán amor/odio. O único contacto que mantén con outras persoas é con Iria, unha xoven educadora social do Estado da que está inocentemente namorado, e con Pedro, un vello pescador experimentado que semella ser o único ser humano que habita na zona. Amancio escapa decote do seu enfermizo fogar e converte as abruptas paisaxes da costa galega no seu mundo privado.
Nunha praia próxima atopa os máis variados obxectos rexeitados a diario polo mar, e escóndeos nunha cova e só el coñece. Ese lugar é seu templo, onde pasa horas construíndo o seu rico mundo interior. Unha mañá, nun dos seus habituais paseos pola praia, Amancio atopa unha estraña caixa que semella conter algo misterioso no seu interior. Hipnotizado polas súas formas case sobrenaturais, escóndea como o maior dos seus tesouros. Non tardará en darse conta de que dous membros dunha organización criminal, Santos e Woyzeck, acoden ao lugar co obxectivo de conseguila a toda costa.
Debido as súas crúas vivencias familiares, á falta de cariño que recibiu e á violencia que sufriu por parte dos seus pais, Amancio creará un mundo acorde a súa mentalidade perturbada no que conflúen realidade e fantasía, ata o punto de non poder discernir entre personaxes reais e imaxinarias.
Visioners Entertainment S.L.